Que é Andel Virtual?

Unha empresa dedicada á promoción do libro galego na Interrede

ANDEL VIRTUAL.COM
Tel.: (+34) 986 239 000 - Fax: (+34) 986 902 588
Rúa Pintor Lugrís, 10 baixo
36211 Vigo (Galiza)
Pulse para Ampliar
Plano de Situación (Pulse para Ampliar)

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

Dende que en 1494 se imprime o Missale Auriense en Monterrei (Ourense), o primeiro libro editado en Galicia ata o ano en curso a edición galega percorreu un longo camiño na procura dun proceso normalizador. Na teima de ofrecer especificamente no eido do libro galego e editado en Galicia uns servicios acordes coas demandas crecentes dos lectores xurde unha tenda en liña do produto cultural galego, a libraría virtual na Rede de Redes.

Andel virtual foi creada na primavera de 1997 como a primeira libraría virtual galega, e dende o verán de 1998 ofrece, de xeito ininterrumpido, un catálogo virtual, constantemente actualizado, do libro galego. No Nadal de 1999 abriu un espazo cultural físico duns cen metros cadrados en Vigo, co fin de dispor dun lugar onde achegar aos interesados ao libro e á cultura galega onde celebrar actos, encontros, presentacións de libros, exposicións...

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

Andel ten como obxectivos potenciar e difundir a cultura e o idioma galego proxectandoos dende Galicia cara o resto do Estado e do mundo. A nosa tarefa fundamental consiste en que o lector dispoña de títulos e obras significativas do noso legado cultural: na arte, na música, na historia, na literatura, na lingüística... Así como colaborar na promoción dunha Rede Internet máis galega, pois consideramos que só dende a defensa activa do idioma se pode dar unha resposta seria aos plantexamentos especificamente galegos nestes novos vieiros comunicativos.

E evidente que a consecución destes obxectivos non é doada, polo que coa axuda e suma de esforzos de todos farán que o camiño a percorrer sexa máis fácil.

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar


Que ofrece www.andelvirtual.com

Queremos darlle o mellor servizo:

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

• Axudarlle a escoller e mercar os seus libros e discos galegos, de tematica galega ou sobre Galicia, mediante o aparello de BUSCA.
• Facilitarlle información nas páxinas web de Andel mediante consulta sobre publicacións da área ou tema que lle interese (arte, ensaio, investigación, obras da nosa literatura, de referencia, etc.).
• Notificarlle o estado dun libro (esgotado, descatalogado, en reimpresión, etc.), que non atope en Andel, ou non lembre todos os datos; se nolo solicita nun formulario anexo vía correo electrónico.
• Informarlle de xeito automático, gratuito e sen compromiso das últimas novidades editoriais, cando se subscriba ao Boletín de NOVIDADES.
• Comunicarlle mediante a
AXENDA os eventos referentes á cultura, o idioma e ao libro galego.
Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

Pulse para Ampliar

• A comodidade de dispor da súa CONTA Andel evitando ter que cubrir cada vez os seus datos, e contar cunhas mellores condicións como cliente preferencial (descontos, reserva de libros, boletín de NOVIDADES, etc.).

a primeira libraría virtual galega
Comentarios: Andelvirtual
Copyright 1998-2010 Andelvirtual.com - Todos os dereitos reservados

libros galegos



Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
- blog de Andel