Como crear unha conta preferente
Andel dispón para os seus clientes preferenciais a Conta Andel cun mellor servizo e as maiores vantaxes:
- Envíos DE BALDE a Galicia, ao resto do Estado a partir do segundo pedido que faga a Andel. Só se exclúen os pedidos feitos na modalidade de pago a reembolso.
- 5 % de desconto en calquera pedido que faga.
As condicións normais sen custo de envío (agás reembolsos) son a partir de 95 € con destino en Galicia, a partir de 135 € ao resto do Estado e a Portugal.
- Preferencia exclusiva nas ofertas, saldos, oportunidades e libros de ocasión.
- Subscrición gratuita ao Boletín DE NOVIDADES, que, de xeito automático e sen compromiso, mediante o correo electrónico, notificará sobre as últimas novidades editoriais galegas.
- Unha chave persoal de acceso para a súa comodidade, e non ter que poñer os seus datos de cada vez que queira un libro ou disco.
Os envíos faranse por correo certificado, e nalgúns casos por axencia de transportes (neste suposto non lle implicará outro custe).
As condicións preferentes de cliente da Conta Andel manteranse sempre que acepte o compromiso mínimo de dúas compras anuais e acepte os termos legais expostos no Aviso Legal de Andelvirtual.com
Comentarios: Andelvirtual Copyright 98-2010 - Todos os dereitos reservados
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
|