Arte e ensaio

Andel recomenda aos seus visitantes unha escolma das novas obras.

Un longo e tortuoso camiño
O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo.
En castellano no hay problema
Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñe...
55 mentiras sobre a lingua galega
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perv...
En galego, por que non?
Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega
Lingua de calidade
Esta obra pretende ofrecer algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas ...
Tempo exterior 19
Partindo da idea de lusofonía como expresión da versión post-colonial da identidade nacional portuguesa, no primeiro artigo o autor reflexiona sobre as permanencias e as metamorfosis inherentes a algúns mitos subxacentes á memoria do imperio que aínda pensan nas formas discursivas de elaboración e representación dunha pretendida identidade lusófona.
Galiza, camiño do sol. Cen camiños, cen olladas
Este é un libro cargado coas imaxes que a autora captou ao longo de tres anos; desde plantas e animais ata paisaxes engaiolantes, de costa e de montaña, pasando pola xente que vive e que traballa na terra. Co único forte nexo de Galiza. Unha rota imaxinaria que arranca no Cebre...
A semente da nación soñada
A presente obra é unha mostra de agradecemento e de cariño ao Méndez Ferrín do Arrabaldo do Norte que, seguindo o ronsel de Murguía e dos que soñaron unha Galicia ceibe, empeña a súa vida na construción da nac...
Para unha escriptoloxía do Galego
Ademais de ser un estudo da grafía galega do século XV, é unha edición rigorosa da colección de documentos escritos entre 1432 e 1490, que se gardan nun pequeno tombo do Hospital dos Pobres de Tui, no Arquivo Diocesano desta cidade.
O alleo é noso. Contribucións para a historia da tradución en Galicia
Neste volume xuntamos corenta e un estudos de diversa natureza arredor da tradución galega. Con iso queremos sumar o noso esforzo á arela común de dar ao feito tradutor a súa verdadeira dimensión en Galicia.
Foulas e Ronseis
''Foula e Ronseis'' é unha recompilación dunha chea de artigos de temática marítima, escritos entre 1992 e 2005 como resultado dos vencellos establecidos nese período de tempo con pescadores e outras xentes do mar. Son, pois, froito máis dunha paixón que da perspectiva académica,...
Moxenas
Ao longo de máis de cincuenta anos, Nazario González, Moxenas (Vigo, 1934-1995), viviu unha íntima e comprometida relación coa gaita que o levou a pasar por distintas fases nas que instrumento e intérprete foron marxinados e recoñecidos, desprezados e admirados, utilizados polas ...

Comentarios:Andelvirtual
Copyright 98-2010 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
¿Como Comprar?