Infantil

A calidade da escrita para pícaros fornécenos de novos froitos...



Milu
“Milu” relata as vivencias dunha nena en apuros. Cando o seu pai deixa de cantarlle cancións e a súa nai deixa de ter expectativas, unha pequena televisión convértese na súa única compañía. Milu é a voz de moitos nenos e nenas que padecen situacións de desvantaxe social e non poden gozar do seu dereito a vivir en familia. Pero a súa historia lémbranos que hai lugar para a esperanza.
Caixa de cartón
Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia.
Perdido?
Unha vez había un neno, e un día atopou un pingüín na porta...
Branca de Neve e os sete ananos
Inclúe CD Branca de Neve era unha das rapazas máis fermosas da contorna. Tanto, que a súa madrastra tivo tantos ciumes dela que decidiu matala. No medio do bosque, atopou acubillo na casa dos sete ananiños. Pero por pouco tempo...
A nena e o grilo
Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.
Tic tac
Tic-tac, tic-tac, o reloxo vai soar. Tic-tac, tic-tac, témonos que levantar... “Tic tac” é un libro-disco que combina música e ilustración para público infantil a partir de tres anos de idade. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, co...
13 lúas
Antes de que houbera formas tecnolóxicas de medir o tempo como son os reloxos, a xente guiábase polo sol e pola lúa. Era unha forma de adaptar a vida ás diferentes épocas do ano (a pascua, o maio, o magosto...) que sempre estiveron acompañadas de melodías. A Asociación de Gaiteir...
A volta ao mundo en 80 contos
Sabías por que os hawaianos honran o bufo? Coñeces a historia de Liu, un mozo chinés e a princesa dragoa? Esta e outras historias deste libro conforman unha marabillosa viaxe polos contos tradicionais de 80 culturas diferentes. O regalo perfecto.
O sombreiro Chichiriteiro
Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home robusto, moi fachendoso, vestido de traxe e botas de montar. Mais, cando Simón deulle por sorpresa unha puñada ao sombreiro do xigantón, o sombreiro non foi caer no chan, ...
Un bico de amor e vida
Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz de dobraxe María Inés Cuadrado.

Un bico de a...
Soños de circo
Historia dunha viaxe real e outra imaxinaria. As protagonistas, unha avoa e a súa neta, deciden ir un día ao circo e xuntas emprenden unha aventura ilusionante que as leva ao mundo máxico do espectáculo circense.
Olladas
"O mundo está cheo de sorpresas. Sempre hai algo que descubrir, onde queira que vivas. Nin por un momento estás só: ben na vila ou ben na aldea, na fraga ou no lago, na sabana ou na selva, polo día ou pola noite... só tes que mirar ao teu redor. Coas orellas requichadas, aguza o ...
As aventuras de Pinocho
O exquisito detallismo das imaxes sitúa ao lector ante a historia como se fose unha testemuña especial, facendo partícipe -con minuciosa precisión- de cada un dos intres que se narran. A fluidez literaria é unha das principais características do texto, que mistura realidade e...
Que tal, vexetal?
Libro para nenos e non tan nenos con impresionantes ilustracións para nenos baseadas en fotografías de vexetais. A expresión realista de sentimentos con verzas, limóns, cebolas, patacas, navos, laranxas, kiwis, nísperos, pexegos, amorodos, porros, mazás, fabas, pementos, sandías, ravos, cabazas e champiñóns é posible: só hai que saber crealos, buscar e facer co obxectivo de aprenderlles aos pequenos cales son os seus sentimentos, a ser conscientes e responsabilizarse deles e a axudarlles a interpretalos nos demais. Coma na alimentación, os vexetais tamén son indispensables.
Contos tradicionais portugueses
Coñece a fondura dos nosos veciños e participa nela con este libro e comprobarás que as fronteiras que nos dividen non son máis que raias no chan.

Comentarios:Andelvirtual
Copyright 98-2010 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
¿Como Comprar?