Andel, tenta de recomendar aos seus visitantes os novos froitos da escrita.
 | Cartas marcadas O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes. |
Poesía galega completa Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como a súa obra poética dispersa, introducindo importantes novidades ecdóticas con respecto ás dúas edicións de obra completa anteriores, ... |  |
 | Obra completa Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a es... |
O Cabo do Mundo «Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que se... |  |
 | A Arte de Peidear de P.T. N. Hurtaut e outros Este libro é froito do intento de dar á luz no idioma galego de certos opúsculos escatolóxicos descoñecidos na nosa lingua, A Arte de Peidear, de Pierre Thomas Nicolas Hurtaut, Oratio pro crepitus ventris (Oración en defensa do peido) do Padre Martí, e a bibliografía corre... |
Skugga-Baldur Un sinistro naufraxio trae a ledicia a unha vila do suroeste de Islandia, ao tempo que cambia a vida do xoven Fridrik B. Fridjónsson, un universitario bohemio residente en Copenhague, introducindo no seu destino o personaxe de Abba, a misteriosa rapaza con síndrome de Down e acus... |  |
 | Sete casas en Francia En 1885 a Conferencia de Berlín recoñeceu a propiedade do rei Leopoldo
II de Bélxica sobre o Estado Libre do Congo. Nos seguintes 30 anos, coa
anuencia das potencias coloniais europeas e o consentemento das
autoridades relixiosas, as forzas militares belgas cometeron un dos
m... |
Do que estou a falar cando falo de correr En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami tamén comezou a correr.
Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa d... |  |
 | Historia universal de Paniceiros Calquera localidade pode ser o centro do mundo; Xuan Bello fai, con emoción, que nestes textos o sexa Paniceiros.
Coimbra, Tánxer, Nova York, Barcelona... todos collen en Paniceiros. As sete casas desta aldea asturiana gardan un espazo literario propio que Xuan Bello universaliz... |
A ponte sobre o Drina Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesmo neno decidirá anos despois erixir unha ponte naquel lugar, para unir os estremos do imperio que goberna. Unha ponte que marca a vida das xentes que habitan na súa bisbar... |  |
 | Poemas ao pai "O libro que tes entre as mans é un libro singular, sorprendente, que obedece a unha Escolma de familia. Agora son os fillos-poetas, herdeiros dunha tradición literaria de vello, desde o Rexurdimento dos vers... |
Eduardo Pondal. Poesía galega completa IV Con esta edición d’Os Eoas, o profesor Manuel Ferreiro pon de manifesto a solidez dun traballo levado a cabo por el durante anos. A vontade de Eduardo Pondal con relación ao futuro da súa obra poética inédita ficou expresa no seu derradeiro testamento: «Dejo mis manuscritos literarios y mis impresos poéticos a la Real Academia Gallega para que los expurgue en connivencia con mis albaceas». Di o profesor Ferreiro: «En setembro do ano 2000, no proceso de lenta, repousada e sistemática transcrición do espolio pondaliano, localizamos e identificamos na Real Academia Galega unha versión mecanografada d’Os Eoas que, sen dúbida, abala os alicerces do pondalianismmo por canto supón a existencia dunha derradeira versión completa do poema corrixida polo autor e preparada, grosso modo, para a imprenta». |  |
 | Contrato temporal Ter ou non ter traballo, esta é a cuestión. Así que calar, tragar e darlle duro sen pensar moito. Porque sobra xente para traballar. Porque fóra da nómina non hai futuro. Acepta o xogo ou perece. Acabar na rúa é non ser.
Nesta novela excepcional unha fábrica de coches na época d... |
Sangue sobre silenzo ...'Se algo me sorprendeu como lector privelixiado deste "primeiro libro" de poemas de Brais González foi esa súa disposición para situarse na experiencia cultural e política galega do pasado, para apropiarse dela, asumila e, sen esquecer a realidade cultural e literaria do prese... |  |
Comentarios:Andelvirtual Copyright 98-2010 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
|