As nosas músicas reflicten o sentir dun pobo e do seu tempo, unha creatividade que xurdiu dende as expresións máis sinxelas ata a variedade e diversificación da tendencias de hoxe...
 | En galego Este é o novo e fresco traballo destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres dos que non só tocan e cantan “que nin dios”, senón que ademáis disfrútana e vívena para que todos aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. |
Sólidos Galicianos Trece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades. O título do traballo fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia. Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agochábanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros vivían e mantiñan tratos cos homes. |  |
 | A Quinta das Lágrimas É a banda sonora da alma semellante e distinta que compartimos,
Galicia e Portugal. É unha viaxe musical polas terras, os montes, os
ríos, a fala, o mar, os ritmos, as tradicións, a historia, etc, que
forman o imaxinario que fixo de nós dúas ponlas nacidas dunh... |
Sempre Pucho
- A outra nai: Paco Lodeiro
- Airiños, airiños, aires: Paco Lodeiro, Miguelón e Sito Sedes
- Negra Sombra: Luz Alonso
- Unha noite na eira do trigo: Yolanda Vázquez
- Mentras eu peno: Luz Alonso
- A Santiago voy: Miguelón
- Galicia terra ...
|  |
 | O confín dos verdes castros Gravado no ano 99. Estudos Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. 4 temas tradicionais e 3 composicións do grupo. Este traballo foi un encargo do Concello de Cabana de Bergantiños, como parte dunha campaña de promoción turística. |
Da miña xanela á túa MALVELA lanza este seu terceiro traballo discográfico baseado unha vez máis en repertorio tradicional galego e do norte de Portugal. Desta volta plasman nun CD/DVD cancións que xa fixeron bailar ao seu público en concertos por toda a xeografía galega co seu ritmo vibrante. Veñen dispostas a seguir divertíndose coa música e a demostrar que a idade non é un impedimento para subirse aos escenarios e contaxiar a súa alegría. Están acompañadas, coma sempre, por músicos solvente e profesionais: Ana Senlle, Raquel Domínguez, Gustavo Domínguez, Anxo Pardo, Pablo Cés e Abilio Santos, que foron quen de construir unha base moi adecuada e cómoda para elas formada por gaita, acordeón, percusión tradicional e cavaquiño.
|  |
 | Vente vindo Vente vindo é o novo disco de Fía na Roca, unha invitación, unha chiscada de ollo, unha chamada cara ao ouvinte para animalo a coñecer de perto a música dun grupo que segue a apostar por novos camiños na súa particular viaxe de renovación do folk galego. |
Coplas para Icía Xabier anda a remexer na terra. Saca a música da aldea con todo coidado e pona no mundo. Pona como el a sinte, co seu aquel atlántico, con esa voz que bate ou aloumiña coma o mar. Aí os cantares collen brío, tan cubertos de arañeiras que parecían. Regalos con ondas de jazz, con lanzais percusións e acordeóns coma apertas prolongadas. Non hai disfrace, o alento popular permanece coa limpeza dunha pedra tallada. Nesta "Coplas para
Icía" ten como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias. |  |
 | Revolution dance Bases electrónicas mesturadas con ska, reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e ás veces mesmo surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxistaelectricista,
ARANHOTO STYLE!. Música de baile pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusións, guitarras, ventos e voces,
apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Este novo disco benefíciase de
contar xa coa presenza dunha banda xa ben engraxada e curtida tras un ano tocando xuntos por festivais de todo o país, e que recolle un son máis compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias.
A Banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz), Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (bateria, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta travesa e teclado), Tomás Ruído (técnico de son), Matías Olazábal (guitarra), Nell (d.j.) e Chou (v.j.). |
Misturados
Fai dez anos xa que se subiu ao escenario cos Mutenrohi para gravar o seu primeiro disco en directo "Has bailar" (1997). Pasaron tantas cousas dende entón que queren celebralo. Hoxe, adaptándose ó novo soporte audiovisual, DVD, queren repetir a experiencia e deixar constancia de todo o que fixeron durante estes anos... mezclados e "Misturados" de novo, o resultado aquí está. Case dúas horas de música que encandilarán aos fans de
Mutenrohi e darán a coñecer o repertorio que marcou a historia das súas carreiras. |  |
 | Nordestin@s Nordestin@s, a ollada contemporánea á tradición mariñeira.
O grupo está formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful).
Neste proxecto as voces de Guadi Galego e Ugía Pedreira, modelan o repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais, xuntándoa coas súas propias composicións que tamén miran ao mar.
Todo vai envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o santiagués Abe Rábade.
|
Escena Coral Galega O Coro de Ruada, nun dos seus mellores momentos artísticos, realizou estas históricas gravacións para a casa Regal en 1929. Nelas recollíanse as harmonizacións sobre cantos populares do mestre Daniel González quen, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño e con Javier Prado Lameiro, creou o que deron en chamar as Escenas Corais Galegas. Unha busca da arte total dentro da estética popular.
|  |
 | Unha semaniña enteira Xúntanse dúas concepcións ben arraigadas na música da nosa terra: o canto e a gaita, o ORFEÓN TREIXADURA e TREIXADURA GAITEIROS. A música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos, as cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado, as melodías de gaita que máis prenden en nós, as novas cantigas que TREIXADURA “peneira no seu tremiñado” configuran o repertorio deste novo traballo.
|
Meniños Cantores Este proxecto é unha actividade pioneira no traballo co Patrimonio Inmaterial realizado a partir dos centros educativos de Galiza e do Norte de Portugal. España e Portugal teñen presentado na UNESCO a Candidatura Multinacional do Patrimonio Oral e Inmaterial Galego-Portugués, proclamación prevista para novembro de 2005. No marco dunha dinámica de traballo desenvolvida por escolas e institutos de Galiza e do Norte de Portugal a partir da 1ª proclamación no ano 2001 por parte da UNESCO das primeiras Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial, o proxecto musical Meniños Cantores é un traballo co patrimonio musical galego-portugués abordado por nenos, mozos, profesores, músicos e artistas galegos e portugueses. Máis de 15 de centros educativos van ser os cantores deste patrimonio. Trátase dun proceso de recreación e abordaxe da nosa tradición musical levada e transmitida desde as aulas de escolas galegas e portuguesas. Nalgún caso, a creación é tamén un novo valor engadido a este patrimonio. |  |
 | Terra de Montes Esta lendaria agrupación (1919-1936), liderada por Avelino Cachafeiro, considérase o máximo expoñente do tradicional cuarteto de gaitas e constitúen un referente estético e musical para as xeración de gaiteiros posteriores. O disco compila por primeira vez a totalidade dos seus rexistros sonoros realizados en Ourense en 1928, entre os que se atopa a primeira gravación da popular "Muiñeira de Chantada". |
Longa noite de pedra Este grupo de Cangas do Morrazo adicase a facer, na meirande parte dos casos, remakes de cancións populares galegas orientadoas cara o heavy. No novo disco, Longa noite de pedra, poñen música a poemas de varios autores galegos como Celso Emilio Ferreiro ou Rosalía de Castro, ou tamén os de Federico García Lorca.
|  |
 | Silencios na memoria CD1:
1. Silencios na memoria.
2. Miña amiga.
3. Muller miña.
4. O Carro das estrelas.
5. Canción das matanzas.
6. Alalá de seitura.
7. Cantiga do amigo.
8. Maripepa.
9. Alalá de carreteiros.
10. Ter ou ser.
11. Parrafeo da Rosiña do Estanqueiro.
12. Un sagredo.
13. T... |
Comentarios:Andelvirtual Copyright 98-2010 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
|