Oportunidades

Andel virtual pretende ofrecer exclusivamente aos seus clientes de Club Andel, unhas obras que normalmente non se atopan nas librarías convencionais. Algúns destos libros están esgotados ou decatalogados, outros son edición de autor, de institucións que non editan para a venda ou de destribución restrinxida.

Galicia: una cultura de Occidente
 Este é un libro que tivo múltiples edicións desde que saíra do prelo no 1975.

Agora figura descatalogado e dispomos dalgúns exemplares para os nosos clientes a un prezo especial.

Trátase dunha edición de luxo, dentro dun estoxo, que, con abondosas fotografías a cor, ilustra a elocuente e florida prosa do Patriarca das Letras Galegas.

 EXISTENCIAS LIMITADAS
Cantigas de Santa María
O Códice, actualmente custodiado na Biblioteca Nacional de Madrid, é considerado o máis antigo dos tres existentes. Case seguro coetáneo do propio Afonso X (os outros probabelmente foron confeccionados despois da morte deste), representa a redacción primitiva das "Cantigas de ...
Desde a palabra, doce voces
Esta é unha antoloxía moi meditada, representativa da nova poesía galega. - un libro que resultará eficaz no eido do ensino e de necesidade para que queira coñecer máis e mellor a nosa lírica actual. Os poetas antologados son: Xosé María Álvarez Cáccamo, Xulio L. Valcárcel, Xavi...
Lírica profana galego-portuguesa
Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica.
La centuria
(Edic. facsímile) Revista neosófica (SÓ DOUS EXEMPLARES).
Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco
Instalado en Barcelona, o galego Basilio Losada merécese unha homenaxe por partida dobre. Polos cataláns e polos galegos, por ensinar a uns sobre os outros. Este libro ten ese obxectivo de exaltar ao autor de Láncara e reúne o mellor dámbolos dous mundos. Recoñeceremos nomes de n...
Índice Grial
(números 1 a 100).
Grial Encadernado. 27 tomos

Esta importante colección histórica da revista Grial consta dos primeiros cen números e o índice xeral destos primeiros volumes (do número 1 ao número 100).

EXISTENCIAS LIMITADAS....


Comentarios:Andelvirtual
Copyright 98-2010 Andelvirtual - Todos os dereitos reservados

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
¿Como Comprar?