|
Arnold Lobel
 | | Editorial | Pontevedra. Kalandraka Editora, 2009 | | | Descripción | Capa dura, 72 páxs.; 15,5 x 22,5 | | | ISBN / ref | 978-84-8464-703-4 | | Sinopse "O porquiño vivía no seu cortenllo, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dician."
A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como "Contos de ratiños" e "Sopa de rato". A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar.
Unha acción tan inocente e á vez tan contraditoria como a limpieza dun cortello, desencadea unha serie de despropósitos que converten o porquiño no protagonista dunha complexa operación de rescate. A súa desventura conmóvenos, pero ao mesmo tempo fainos rir. As ilustracións redundan nese sentido do humor, levándonos do campo á cidade, nunha viaxe de ida e volta inesquecible. | |
| Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
Infantil e Xuvenil
Conta andel
Carriño
| Importe | 14.42 € | | 4% I.V.E. | 15.00 € | | Club | 14.25 € |
|