Nuestra Señora de la Cuneta
(en español)
Rafael Torres

Editorial Vigo. Nigra Trea, 2009
DescripciónRústica con lapelas, 122 páxs., 15 x 21
ISBN / ref 978-84-95364-94-4
Sinopse
O xornalista e escritor Rafael Torres (Madrid, 1955) revive o asasinato do gobernador civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo e da súa muller, Juana Capdevielle durante a Guerrra Civil española, no seu último libro, Nuestra Señora de la Cuneta (Porta de Papel). Para o autor esta obra homenaxea, a través da tráxica historia do matrimonio, toda a xeración de españois republicanos que “foron minados absolutamente polo episodio máis traumático da historia de España”. “Juana Capdevielle era unha moza brillante da República, como tamén o foron María Zambrano, Pepita Carabias que foi asasinada o 18 de agosto de 1936 cando estaba embarazada polo mesmo criminal que matou o seu marido”, comenta Torres nunha entrevista con Europa Press. O autor xa tratara historias descoñecidas sobre vítimas das guerra noutros dos seus libros como Heridos de guerra (2004) e Desaparecidos de la Guerra de España (2002). “Francisco Pérez, que pertencía a Esquerda Republicana e posuía unha gran bagaxe intelectual, tiña 25 anos cando foi asasinado”, indica o escritor, quen sinala que neles dous represéntase toda unha mocidade á que se lle cernou a vida; unha perda e un desterro que, na súa opinión, aínda arrastramos hoxe.
 (Xornal.com)

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 19.23 €
4% I.V.E. 20.00 €
Club 19.00 €

Engadir ao carro