O europeísmo en Ramón Piñeiro
Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Fernando Pérez-Barreiro Nolla
Camilo Nogueira, Xerardo Fernández Albor, Marcelino Agís Villaverde

Editorial Baiona. Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, 2009
DescripciónRústica, 100 páxs., 12 x 18,5
ISBN / ref 978-84-613-6926-3
Sinopse
Esta pequena obra colectiva constitúe unha reflexión coral e plural sobre a dimensión, importancia e transcendencia do europeísmo no pensamento de Ramón Piñeiro, figura homenaxeada no Dia das Letras Galegas de 2009.
Europa, hoxe, segue sendo para nós unha realidade inevitable e un espazo político, económico, e socio cultural onde Galicia, con independencia das formulacións institucionais dese europeísmo, pode medrar en visibilidade e consistencia. Máis perto ca nunca, para contar con referencias discursivas sólidas e estratexias acaídas de inserción, precisamos coñecer os antecedentes de todo tipo que definen a natureza e singularidade desa relación. Nesa perspectiva, esta obra aspira a facer unha modesta pero significativa achega.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 9.62 €
4% I.V.E. 10.00 €
Club 9.50 €

Engadir ao carro