Escola de Escritura con Xabarín
Varios autores

Editorial Galileo Nenos, 2013
Descripcióncaixa, 34,5 x 27,5 cm.
ISBN / ref 8008324043682
Sinopse
Con Escola de Escritura de Xabarín aprendes de verdade a ler, escribir e debuxar! Na compaña do simpático porquiño bravo o neno será guiado a través dun percorrido de aprendizaxe rico e con dificultade progresiva: ademais da actividade de preescritura atopará o alfabeto, os números, as palabras e moitas figuras para debuxar.
Todas as actividades poden ser desenvolvidas sobre encerados "escribe e borra" grazas ao rotulador borrable, co que o neno poderá tamén debuxar liberando a súa creatividade.Finalmente, para aprender novas palabras o neno atopará tamén o gran crebacabezas dos ambientes que lle ensinará o nome de moitos obxectos e animais da granxa, da cidade, da praia e do bosque.

Aprende a ler e a escribir con moitas e divertidas actividades

IDADE ACONSELLADA:

3-6 anos

CAMPOS DE APRENDIZAXE:

  • Alfabeto galego
  • Números e cantidades
  • Palabras de obxectos e animais
  • Exercicios de preescritura e debuxo
  • Exercicios de escritura

IDIOMA:

  • Galego

CONTIDO:

  • 4 encerados "escribe e borra"
  • Un maxi-crebacabezas de 49 x 67 cm
  • Un caderno coas actividades educativas
  • Un rotulador borrable

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 19.75 €
21% I.V.E. 23.90 €
Club 22.70 €

Engadir ao carro