CoraSons
Colectivo Corasons

Editorial Pontevedra. Kalandraka Editora, 2013
DescripciónCapa dura, 62 páxs.; 23,5 x 17 + CD+ DVD
ISBN / ref 978-84-8464-849-9
Sinopse
CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais e inicialmente materializouse nunha exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital coa participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. A ese encontro seguiulle un concerto celebrado na Illa de Arousa ao que se sumaron m áis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental grava do por Paco Abelleira.
Agora o proxecto que dirixe Uxía convértese nun libro - CD - DVD con 19 temas e cunha película de hora e media. Cada imaxe conta unha historia feita canción. A natureza, a vida cotiá, a arquitectura, as sombras, a xeometría ou a imaxinación son os escenarios que se recrean partindo da forma e da simboloxía do corazón. Mais, lonxe do enfoque romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos. Músicas quentes para tempos xélidos, corazón - coraza para tempos incertos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 24.04 €
4% I.V.E. 25.00 €
Club 23.75 €

Engadir ao carro