Luzes
Varios autores

Editorial A Coruña. Revista Luzes, 2013
DescripciónRústica, 130 páxs., 21 x 29,5
ISBN / ref 9788494085185
Sinopse
Manifesto

Estamos un tanto ás escuras. Cada sociedade, en cada momento, ten a súa visión do mundo, que se concreta nunha literatura, nunha música, nuns medios de comunicación. Un periódico, a prensa, dicía Arthur Miller, é unha nación mirándose a si mesma. Nós pensamos que o que vemos non nos gusta, ou nos nos recoñecemos niso. Quitado a quen lle interese a capacidade dalgunha xente de chegar ás máis altas cotas da miseria con tal de expoñela ante centos de milleiros de persoas. Ou a quen lle preste a habilidade das clases dirixentes de contrarrestar as propias carencias poñendo en evidencia as dos rivais.

Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban. Que os temas que hai que tratar non son os que interesan aos editores nin aos periodistas, senón aos lectores, que son os verdadeiros donos dun medio de comunicación. Pero tamén sabemos que nós somos como somos, e o que pretendemos non é satisfacer a demanda do que xa se quere, senón incrementar a oferta do que non hai.

Prendamos as Luzes
do xornalismo.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 9.62 €
4% I.V.E. 10.00 €
Club 9.50 €

Engadir ao carro