Inventario ilustrado das árbores
Virginie Aladjidi
Ilustración: Emmanuelle Tchoukriel

Editorial Vigo. Faktoría K de libros, 2014
DescripciónCapa dura, 68 páxs.; 22 x 31
ISBN / ref 978-84-15250-64-7
Sinopse
...A diversidadedas especies de árbores está ameazada pola deforestación e os cultivos intensivos, e moitísimas delas están en perigo de extinción. A fauna asociada a estas especies tamén é vítima desta perda, e as súas poboacións vense prexudicadas por este problema. Con todo, en Europa e Asia, os bosques están a gañar terreo na actualidade, e en case todos os países existe unha preocupación crecente pola conservación das árbores.

“Inventario ilustrado das árbores” reúne preto de 60 especies arbóreas europeas e do resto do mundo: frondosas, coníferas, palmeiras.
Ademais dun sinxelo vocabulario ilustrado relacionado cos distintos tipos de follas, bosques e cortizas, as autoras detallan o nome científico de cada planta, a altura e a lonxevidade que pode acadar, entre outros datos, que acompañan con debuxos de detalle das flores ou dos froitos, e dos animais que frecuentan esas árbores.
As ilustracións son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas de antano: perfís feitos con rotulador e tinta chinesa, e  acuarelas que favorecen o xogo de cores e transparencias para reflectir as texturas e as tonalidades.
Un libro que ademais do contido técnico, tamén incide na función ecolóxica dos bosques, no factor socioeconómico do sector madeireiro, así como da importancia simbólica e poética desta vexetación.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 16.35 €
4% I.V.E. 17.00 €
Club 16.15 €

Engadir ao carro