Torre de Breoghán
Luar Na Lubre

Editorial Warner Music, 2014
Descripción2 CDs+ DVD
ISBN / ref 5054196419028
Sinopse
O proxecto sinfónico de Luar Na Lubre e a Orquesta Sinfónica de Galicia

‘Torre de Breoghán’  estreouse no Palacio da Ópera de A Coruña os días 21 e 22 de Xuño deste ano e publicase agora nun dobre CD e DVD. Editado por Warner Music, coa grabación do concerto completo en directo. Os arranxos fixoos o músico coruñés Nani García, a dirección musical foi de Diego García, a escenografía  dirixida por Franc Aleu e o diseño é de Estefanía Cagigao.

A producción máis ambiciosa da música folk contou cun espectacular despliegue de medios, participando sobre o escenario máis de 100 músicos, 15.000 watios de son, 130.000 watios de luz e 70.000 lúmenes de video.

A ruta dos Milésians

Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta sobor das invasións galegas en Irlanda para dar forma a un espectáculo único onde música e efectos visuais se funden nunha especial alquimia.

A historia que narra está inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns no século XI.  Nel relatanse, por orde cronolóxica, as  invasións na Irlanda. A última delas foi a dos Milesios, que dende a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara la illa despois de que Ith, fillo de  Breoghán e líder Milesio,  a descubrira despois de divisar a torre que leva ol nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a conocida actualmente como Torre de Hércules. Guerreiros, embarcacións, druidas, feitizos...
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 22.23 €
21% I.V.E. 26.90 €
Club 25.55 €

Engadir ao carro