Rubicundo
María Canosa

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2015
DescripciónRústica con lapelas, 86 páxs., 13,5 x 19
ISBN / ref 978-84-9914-821-2
Sinopse
Finalista no Premio da XXIX edición do Merlín de Literatura Infantil, 2014.

Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 11.06 €
4% I.V.E. 11.50 €
Club 10.93 €

Engadir ao carro