ColeccionAN, 69 poemas de amor
Edición bilingüe castelán-galego
Alfredo Conde

Editorial Iñás (Oleiros). Editorial Trifolium, 2014
DescripciónRústica con lapelas; 158 páxs.; 13 x 20
ISBN / ref 978-84-942103-3-4
Sinopse
"Poemas de amor, abofé que si e quen o dubida tras ler este corpus presentado con excelencia polas mans de Xan Arias, mais ao tempo “amor” que se entende e estende como experiencia gozosa e pasional, ao meu ver, diante da propia vida, da existencia e cun pulo inesgotable que turra da vontade de vivir. Amor que se achega a grandes topos como ao vagaroso paso do tempo, por veces case tanxible, ou ao acougo que brindan algúns dos momentos cotiáns retratados. Coma se dun estado de ánimo se tratase os poemas percorren, e con certa recorrencia, as estremas dunha sorte de locus amoenus onde a presenza de elementos tirados do universo da natureza axudan, e non pouco, tanto á contextualización do sentimento – por veces marcado por certo hedonismo, en ocasións case báquico- como á vontade de retratar os sons do silencio, a deseñar a percepción serena do acougo, á reflexión sobre o experimentado. Libro pragado de sutilezas este de Alfredo Conde, de sensacións avelaíñas e mainas, da procura de harmonías onde paira a vontade de apreixar sensacións compartidas con quen queira ser partícipe do sentido último do poema ou dos poemas. Unha atalaia que permite deterse -ben preciso é tantas veces- e “contemplar a vida”, reparar no “envés de tódalas realidades” e seguir a navegar singraduras compartidas."

https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/01/28/coleccionan-69-poemas-de-amor-de-alfredo-conde/
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro