Educación democrática ou barbarie
Xaquín Álvarez Corbacho

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2015
DescripciónRústica con lapelas, 122 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-252-8
Sinopse
O financiamento dos concellos está moi vencellado ás transferencias e subvencións. Ambos os dous recursos son ingresos tributarios que pagan persoas alleas ao municipio beneficiado. É dicir, que se produce unha redistribución de rendas que debe ser considerada e analizada. En caso contrario as subvencións poden ser manifestamente mellorábeis. Tamén as subvencións se xustifican pola capacidade e esforzo fiscal, por teren competencias compartidas e pola solidariedade ou colaboración institucional. Pero outras veces son froito do clientelismo e do paternalismo, da reprodución política e da corrupción. E cando isto sucede, aparece a desorde e tamén unha cultura que deteriora o financiamento municipal.
Ou sexa, o libro analiza problemas que padecen os concellos galegos polo mal uso da subvención. Porque ademais do xa indicado, intentar corrixir o deterioro da base económica e caída demográfica municipal, pola vía da fusión incentivada con subvencións, non deixa de ser unha política confusa. Como tamén sucede cando se potencian as Deputacións provinciais a costa de suprimir competencias municipais. A cultura da subvención xa invade e destroza o noso espazo común.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro