A procura soñada de Kadath a descoñecida
H.P. Lovecraft
Tradución: Tomás González Ahola

Editorial Santiago de Compostela. Urco Editora, 2014
DescripciónRústica con lapelas, 202 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-15699-11-8
Sinopse
Coa publicación de A procura soñada de Kadath a descoñecida chegamos ao oitavo volume da Biblioteca Lovecraft, colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.
H.P. Lovecraft escribiuna en 1926, mais foi publicada pola primeira vez seis anos logo do seu falecemento. Trátase do texto de maior extensión do “ciclo do soño” e nela atopamos un dos personaxes recorrentes do autor de Providence: o anticuario e antigo estudante da Universidade de Miskatonic Randolph Carter quen, mergullado nun mundo onírico e por veces alucinante, percorrerá escenarios dun universo alternativo como a cidade de Ulthar, o porto de Dylath-Leen ou o cumio do Ngranek, que se ergue na illa de Oriab e se verá rodeado de personaxes como os zoogs do Bosque Encantado ou os perversos shantaks.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro