Lanceata. Entre la vida y la muerte. Entre la tierra y el mar
Buenaventura Aparicio, Antonio de la Peña, Rafael M. Rodríguez

Editorial Ponte Caldelas. Edicións do Cumio, 2015
DescripciónRústica, 112 páxs.; 21 x 17
ISBN / ref 978-84-8289-482-9
Sinopse
A obra fai un percorrido pola historia deste máxico e paradisíaco enclave desde o século V a. C. ata os nosos días, deténdose non só nos aspectos históricos senón afondando nos numerosos mitos e lendas que rodean A Lanzada.
Estruturada en tres partes, na primeira os autores fan un percorrido pola historia do estudo da Lanzada, mentres que na segunda afondan nos resultados das últimas escavacións promovidas pola Deputación e achegan datos novos sobre o que é e o que foi A Lanzada.
O libro conclúe cun amplo apartado de antropoloxía cultural no que se abordan os ritos, mitos e lendas que teñen a súa orixe neste enclave.
Lanceata. Entre la vida y la muerte. Entre la tierra y el mar achéganos aos vestixios castrexos, romanos e medievais atopados, que dan fe da existencia dun poboado da Idade de Ferro, unha necrópole, un castelo e unha ermida románica, e, partindo desta longa historia de vida na Lanzada, permite coñecer e entender mellor os seus mitos e ritos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 14.38 €
4% I.V.E. 14.96 €
Club 14.21 €

Engadir ao carro