Allariz. A construción dun país. (1989-2014)
25 anos de acción transformadora
Mar Gil

Editorial Ourense. Difusora, 2014
DescripciónRústica con lapelas, 286 páxs., 23,5 x 23
ISBN / ref 978-84-92958-27-6
Sinopse
Como nos di a autora: «A observación e a vivencia persoal, as opinións dos protagonistas, as cifras –tan obxectivas, tan enganosas–, os traballos de expertos… Catro ferramentas para rebulir nunha realidade que se estanca en cada segundo e flúe, irremediabelmente, no seguinte. Difícil de aprehender porque hoxe xa non é a de onte; difícil de narrar porque a vida, e máis a dun pobo, non é lineal nin sinxela nin continua, aínda que sexa coherente, equilibrada e harmónica no seu camiño, aínda que responda a un plan non escrito que se cumpre entre atrancos, cambadelas e ombreiros que se achegan.

Os últimos 25 anos de Allariz son poliédricos, multicéntricos, holísticos, interdisciplinares, complementarios e case inaprehensíbeis. Expoñelos en papel foi un reto e un atrevemento, coma o proxecto mesmo. Para iso resultou imprescindíbel unha quinta ferramenta, a información e a vontade de moitos que traballan dende a discreción dun despacho, unha oficina anónima ou unha rúa: políticos locais, empregados públicos, veciños, colegas, amigos.

Todos foron necesarios nestas páxinas. E todos habitan nelas.»

Decembro de 2015. O descrédito e a desesperanza da política nos tempos presentes e a consecuente percepción de desgobernanza na res publica quebra por fortuna cando un volta os ollos cara a Allariz, aínda que sexa apenas pola necesidade de se reconciliar coa Política.

Política que apostou e aposta pola recuperación e a diversificación. A través da valorización dos recursos propios e atendendo todos os ámbitos –fosen servizos, industria ou sector primario– sentáronse os fundamentos do traballo dunha comunidade que se recoñece e é recoñecida na marca dun nome propio sinónimo das cousas ben feitas: Allariz.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 24.04 €
4% I.V.E. 25.00 €
Club 23.75 €

Engadir ao carro