Colmeiro por si mesmo
Xosé Antón Castro Fernández, Carlos G. Reigosa

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2015
DescripciónRústica con lapelas; 174 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 978-84-9914-832-8
Sinopse
O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras.Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a «estética do granito», fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España.O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España.Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 17.60 €
4% I.V.E. 18.30 €
Club 17.39 €

Engadir ao carro