As cicatrices do Sol
Luís Valle

Editorial Santiago de Compostela. Sotelo Blanco Edicións, 2014
DescripciónRústica con lapelas, 68 páxs., 12,5 x 18,5
ISBN / ref 978-84-7824-646-5
Sinopse
A poesía nunca debe gañar aos puntos. A poesía que paga a pena ler é coma eses marrazos de dereita que varren o sentido, ou te secuestra impedindo que fagas cousa ningunha que non sexa fatigar un verso tras outro ou se non é ganga desaproveitable.
E sa vertixe do aviador en caída libre foi a que sentín cando lin As cicatrices do Sol. A buxola virou tola, como se o norte magnético da agulla crítica decidise converterse nun dervixe en transo e non importase nada que non fose o arrebato da poética visionaria, a forza descomunal das imaxes roxas coma brasas que palpitan, ardentes, nos versos de Luís Valle.
Hai neste libro derregos ocultos que só vence a tenacidade. Unha álxebra simbólica tece arredor do poema unha mesta arañeira de significantes implementados, que apuntan en múltiples direccións de sentido. A cifra do que se di ancora nunha sistemática transinterpretativa que escurece a hermenéutica convencional.
Todo o que se di pecha e abre círculos nunha espiral que metamorfosea en cinta de Moebius para soldar o multiverso da escrita.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 5.77 €
4% I.V.E. 6.00 €
Club 5.70 €

Engadir ao carro