Moraime. Pequena vila con mar
X.H. Rivadulla Corcón

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Positivas, 2015
DescripciónRústica con lapelas, 126 páxs., 13,5 x 20,5
ISBN / ref 978-84-941204-5-9
Sinopse
Baixo o título ‘Moraime. Pequena vila de mar´agrúpase un conxunto de relatos de formato breve, nos que se narra a vida dunha pequena vila mariñeira.
Os protagonistas son os homes e mulleres que viven en Moraime, desde o mestre, a unha redeira, os mariñeiros, a fareira, o libreiro, un can e un corvo mariño, ou o zapateiro, ademais de personaxes que chegan de visita á vila.
A personaxe central é o taberneiro, o señor Souto, que posúe unha taberna situada ao principio do peirao, onde moitas das historias da vila teñen lugar. Trátase dunha vila onde todo se mide polo seu valor sentimental e o material só ten a importancia xusta para as necesidades da vida.
Así, os soños, colectivos ou privados, son o verdadeiro motor vital para estas xentes que só buscan gozar dunha vida tranquila, con ocupacións sinxelas e sobre todo compartindo as alegrías e tristezas co resto dos veciños e veciñas, para crear un sentimento familiar que os ampare a todos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro