A proporción dourada
Manuel Blanco Rivas

Editorial Vigo. Edicións Redelibros, 2015
DescripciónRústica con lapelas, 74 páxs., 15 x 21
ISBN / ref 978-84-943412-4-3
Sinopse
"A proporción dourada, de Manuel Blanco Rivas é un poemario en cinco actos. Semella ser un percorrido inevitábel polos espazos e sentimentos que fican inalterábeis na memoria do autor. Aqueles lugares que conformaron a súa personalidade e que crearon un forte vínculo coa "terra", á que se achega mediante o medio vehicular do recordo.

"Mais, ás veces, hai duras realidades que baten e feren, e entón, Manuel insértase no berro activo da palabra, fai seu o pranto do hábitat destruído, masacrado".

Chegaron coas súas máquinas e roubaron o mundo

o mundo de arriba e o de abaixo

o mundo onde latexa a vida

e o mundo que garda dos deuses a memoria



Chegaron cos seus monstros de ferro

e deixaron o pobo sen pasado.

Lapidaron os lugares sagrados

con moreas de entullo e refugallo
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro