Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña
Varios autores
Tradución: Henrique Harguindey

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 190 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-92866-73-1
Sinopse
Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña conta a historia de Ponto, fillo do rei de Galiza, tras a toma da Coruña polos musulmáns e a morte do rei Tiber. Un grupo de rapaces galegos son salvados e embarcados nun navío que naufraga nas costas de Bretaña; alá son acollidos polo rei e criados por nobres bretóns. Sidonia, a filla do rei, e Ponto namóranse, mais diversas desventuras poñen en perigo a súa felicidade. Finalmente, Ponto reconquistará o seu país e casará con Sidonia, sendo rei de Bretaña e de Galiza, ao tempo que o seu curmán Polido se ha converter en rei de Inglaterra.

Trátase dun relato en prosa que bebe na literatura cabaleiresca e na materia de Bretaña. A obra sitúa a lector nunha Galiza coñecida na Europa medieval, por mor dos intercambios comerciais coa Bretaña e da peregrinaxe a Compostela. Aínda que a finais do século XIV Galiza xa non era un país independente, o autor escolle como protagonista ao fillo do rei de Galiza porque na derradeira metade do século XIV o país estaba no primeiro plano de actualidade europea e tiñan lugar negociacións a alto nivel sobre o título de rei de Galiza.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro