Aldeas sen voz
Vicente Ansola

Editorial Editorial Canela, 2016
DescripciónCapa dura, 156 páxs.; 30,5 x 24
ISBN / ref 978-84-608-3704-6
Sinopse

Os pobos das néboas é unha amplo espazo xeográfico que cubre, aproximadamente, as dúas terceiras partes do concello lucense da Pontenova. Dentro del existe un triángulo máxico que, ao igual que ao resto da zona, Vicente Ansola denominou como Triángulo dos Trasnos. Aquí, en todo este territorio, desenvolve a historia que conta ALDEAS SEN VOZ, un libro de fotografía, enriquecido coa poesía e a narrativa.

Paisaxes oníricas, retratos cheos de forza, guiños á pintura con verdadeiros cadros fotográficos que lembran estilos e obra de Johannes Vermeer ou Antonio López, a Piet Mondrian, a Paul Klee, ou ao propio Vincent van Gogh, que a mirada áxil do lector observador pode detectar rapidamente. E homenaxes ao "Rural Art", como o define o propio Vicente Ansola.

Imaxes nas que se representa o abandono do rural e o deterioro de aldeas que, outrora, foron xerme de vida, convivencia e subsistencia. Imaxes que tentan concienciarnos da necesidade urxente da conservación e recuperación destes lugares, tanto no aspecto arquitectónico como no social e de servizos.

Unha obra con mensaxe na que participaron 18 poetas de toda Galicia que forman parte do colectivo "A Porta Verde do Sétimo Andar": Paco Souto, Rochi Nóvoa, Xosé Iglesias, María José Fernández López, Iolanda R. Aldrei, Jose Estévez, Miguel Ángel Alonso Diz, Patricia Sánchez, Miguel Alonso, Marta Pedrosa Agra, Rosa Enríquez, Xosé Manuel Abeledo, Alfonso Láuzara, Pili Mera, María N. Soutelo, Ramiro Vidal e Manolo Pipas, ademáis de Loli Beloso, Alberto Calvín Corredoira e Belén Rico Prieto, o director de cine Pepe Jordana, Francisco Martín Medrano, Pablo Quintana, Xulia Marqués... e todos os veciños da contorna.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 33.65 €
4% I.V.E. 35.00 €
Club 33.25 €

Engadir ao carro