A boca pobre
Flann O’Brien
Tradución: Isaac Xubín

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 118 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-92866-76-2
Sinopse
Bónapárt Ó Cúnasa é o protagonista dunha divertida historia que nos fala dos habitantes de Corca Dorcha, unha pequena aldea situada nalgún lugar remoto do occidente de Irlanda, onde os seus habitantes –nunca endexamais haberá ninguén coma eles– padecen con resignación as inclemencias meteorolóxicas e as penurias da fame e da miseria. O Vello de Pelo Cano, o seu avó, está sempre ao seu carón para ofrecerlle o seu consello e acompañalo en calquera oportunidade de aliviar as graves consecuencias dun destino que os gaélicos están condenados a padecer e do que non cabe fuxida posible.

O título da obra, A boca pobre, fai referencia directa á expresión irlandesa que describe a práctica de esaxerar a mala situación económica co obxecto de recibir caridade ou a condonación dunha débeda. A boca pobre é unha dura parodia da literatura do Celtic Revival e a visión popular da época en que se presentaba o occidente de Irlanda, concretamente as zonas de fala gaélica, como o reduto máis enxebre e auténtico do país, pero que, ao mesmo tempo, sufría con máis intensidade.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro