Oleanna
David Mamet

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 142 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-9865-729-6
Sinopse
Unha estudante universitaria acode ao despacho do seu profesor de teoría da educación coa finalidade de revisar un traballo no que non obtivo unha boa cualificación.

De primeiras, o profesor, ocupado na compra dunha casa para celebrar a obtención da súa titularidade, non lle presta moita atención, mais finalmente inician un diálogo co que cadaquén vai mostrado o seu carácter, as súas experiencias, opinións e expectativas na vida. Malia parecer que non hai problema ningún entre os dous, no inicio do segundo acto o profesor é acusado de acoso sexual e de competencia docente escasa.
Acción, tempo e lugar: A peza consta de tres escenas, sendo a primeira delas a máis longa.
Nas tres encontramos os mesmos personaxes, ben que en cada unha delas adquiran relevancia personaxes ausentes, especialmente aqueles cos que John (o profesor) se comunica por teléfono, Grace (a muller) e Jerry (a avogada) no primeiro acto; Grace e unha terceira persoa sen identificar no segundo acto, Jerry e Grace no terceiro. A importancia do teléfono é tal que na edición inglesa de 1993 ao remate da peza aparece unha folla co epígrafe, "efectos especiais", onde se indica: teléfono soando. O tempo é actual pero non definido, pois non hai indicadores. O lugar é sempre o mesmo: o despacho dun profesor nunha facultade universitaria na que el imparte, entre outras materias, un curso de teoría da educación
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.94 €
4% I.V.E. 14.50 €
Club 13.77 €

Engadir ao carro