A ruta dos refuxiados
Unai Beroiz, Felipe Carnotto, Adrián Irago, Cristian López, Juan Teixeira

Editorial Vigo. Catro Ventos Editora, 2016
DescripciónRústica, 70 páxs.; 25 x 19
ISBN / ref 9788494591716
Sinopse

É nas miradas onde se agochan a maioría de respostas e este libro trata, precisamente, sobre a mirada. Sobre a ollada de tres fotógrafos galegos que documentan a maior crise humanitaria que viviu a chamada Unión Europea, miradas propias cun elemento común: o foco posto nas vítimas e o lente orientado ao seu contexto.

Páxinas feitas de miradas de terror, de recordos que apenas poden contarse con palabras; de miradas que nos miran, preguntando como e por que este trato, de que fixeron para merecer tal desprezo; de olladas cheas de abulia e desconfianza entre quen os recibe; de miradas que berran inxustiza; de miradas cargadas de angustia e desesperanza, pasada, presente e futura.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro