Silas Marner
O tecelán de Raveloe
George Eliot
Tradución: Celia Recarey

Editorial Irmás Cartoné, 2016
DescripciónRústica, 270 páxs.; 13 x 20
ISBN / ref 978-84-945411-0-0
Sinopse
O tecelán Silas Marner vive refuxiado na aldea de Raveloe.

Acusado dun roubo que non cometeu e repudiado por todos, dedícase a traballar no seu tear e a amorear cartos. Un día róubanlle o diñeiro e Marner cae no máis profundo desespero; mais a aparición dunha pícara loura á súa porta virá alterar aínda máis a súa existencia.

Silas Marner, unha das novelas máis relevantes da época vitoriana é un relato de superación da inxustiza e da importante necesidade de vinculación coa propia comunidade, no que se retrata o convulso mundo rural da Inglaterra das primeiras décadas do século XIX, coa implantación avanzada do capitalismo industrial e do fanatismo relixioso e sectario.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 12.50 €
4% I.V.E. 13.00 €
Club 12.35 €

Engadir ao carro