O camiño da Estadea
O regreso de Sheila e Said
Ramón Caride

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2016
DescripciónRústica, 186 páxs.; 13 x 19,5
ISBN / ref 978-84-9121-092-4
Sinopse

Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento global ao que iría moita xente famosa de diferentes ámbitos. Todo o que pasou logo foi algo raro, que non era o esperado nin remotamente, para unha viaxe de lecer, algo que non lles cadraba e que os obrigará a comprometerse e asumir riscos.O camiño da Estadea é a aventura final de Sheila e Said, culminando a serie futurista de temática ecolóxica iniciada hai dúas décadas con Perigo vexetal, unha saga que xa ten catro entregas anteriores publicadas na colección Merlín de Xerais.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 11.68 €
4% I.V.E. 12.15 €
Club 11.54 €

Engadir ao carro