Oiko-nomía do xénero
Rebeca Baceiredo

Editorial Rianxo. Axóuxere, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 212 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-944763-3-4
Sinopse
A visión que nos presentaron historicamente como verdade única –e que foi usada como criterio socializador–, así como os propios conceptos empregados na confección do discurso patriarcal, son sinxelas proxeccións do actual paradigma interpretativo: a perspectiva patriarcal, edificada como norma hermenéutica, que se impón como prisma para ler a evolución das sociedades e das súas subxectividades interiores.

Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979), nunha fina re-interpretación das pegadas históricas, que van desde a Prehistoria ata a vertixinosa contemporaneidade do neoliberalismo, pasando pola Idade Media e por varios sistemas culturais non occidentais, proponnos con Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras unha re-visión e axuste daquel mito explicativo, a partir da análise do xénero como función subalterna, e da íntima relación que o xénero garda co concepto de propiedade, oiko, e co da súa xestión, nómos. Seguindo as liñas abertas pola antropoloxía marxista e feminista, son pensadas as formas da propiedade, a mercadoría e o diñeiro, vinculadas todas elas ao papel deses suxeitos subalternos que son, neste caso, as mulleres.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 17.31 €
4% I.V.E. 18.00 €
Club 17.10 €

Engadir ao carro