Grial 211
Varios autores

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2016
DescripciónRústica, 156 páxs., 18,5 x 27
ISBN / ref 977001741806800211
Sinopse

Con gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala (1916) a revista GRIAL dedica o monográfico do numero 211, que xa está nas librerías, á institución que, dende as primeiras décadas do pasado século, marcou a traxectoria do nacionalismo galego e, en gran medida, a modernidade da nosa cultura conteporénea.

Justo Beramendi, Henrique Monteagudo, Inmaculada López Silva e Víctor F. Freixanes abordan aspectos políticos, lingüísticos, artísticos (as artes escénicas fundamentalmene) e de comunicación.

Na sección Documentos, o profesor Xosé Manuel Dasilva lembra a homenaxe que en 1966 se lle dedicou ao poeta Celso Emilio Ferreiro, cando partiu para Venezuela, abordado dende a documentación da censura franquista, aspecto novidoso no que o investigador vén traballando dende hai anos con autores e textos galegos.

A escritora Maria Canosa e e a filósofa Rosi Braidotti, doutora pola Sorbona, fan novas achegas ao monográfico sobre o  feminismo que apuntamos no número anterior (210), e o profesor e crítico de arte Carlos L. Bernández ofrénos un traballo sobre Caros Maside.

Na sección  O Espello das Letras, Montse Pernas dedica unas páxinas de reflexión e lembranza a Agustín Fernández Paz, e Carlos Lema apunta unha ollada crítica sobre a significación da novela a partir dunha lectura da última entrega de Xosé Monteagudo, “Todo canto fomos”.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro