Contra todo isto
Un manifesto rebelde
Manuel Rivas

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 258 páxs., 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9121-396-3
Sinopse
Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña. Este libro está escrito contra Todo Isto. Todo Isto é descivilización. Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente.Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos. Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades.Todo Isto é o machismo como sistema. Todo Isto é a guerra contra a natureza. Todo Isto é domesticación intelectual. Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo.Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 16.83 €
4% I.V.E. 17.50 €
Club 16.63 €

Engadir ao carro