Principio de incerteza
Premio Ánxel Fole, 2017
Pilar Ortega

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 94 páxs., 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9121-380-2
Sinopse
Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula? "Principio de Incerteza" relata a historia de Lía, unha profesora de Ensino Secundario que terá que sobrepoñerse á súa propia timidez para axudar a unha alumna que atravesa por un terrible episodio na casa. Nesta viaxe emocional, Lía atoparase cara a cara co seu pasado, co seu futuro como nai e co dilema sempre aberto de ata que punto un docente debe ou non tomar parte na vida persoal dun alumno.Esta historia –estruturada en nove capítulos arredor do Principio de Incerteza de Heisenberg– aborda en última instancia o tema do amor, da soidade e da importancia das relacións interpersoais como esencia final do ser humano.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 14.04 €
4% I.V.E. 14.60 €
Club 13.87 €

Engadir ao carro