Ring, ring…! Quen rima?
Ana María Fernández

Editorial A Coruña. Hércules Ediciones, 2018
DescripciónCapa dura, 50 páxs.; 20,5 x 20,5
ISBN / ref 978-84-947770-9-7
Sinopse
As nosas vidas están mergulladas nun mundo fermoso e variado. Tal idea é o punto de partida dos corenta e seis poemas que ofrece esta obra. Os seus versos serven de guía para visitar espazos moi diferentes e para facer xermolar sensacións que axudan a contemplar a realidade circundante con novas perspectivas. Cabalgando sobre rimas, viaxaremos por infinidade de paisaxes… Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasqueiro, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas, con amigas, con amigos, con piratas… e contigo! Con este libro poderás soñar, poderás sorrir, poderás bailar, poderás sentir… Con Ring, ring…! Quen rima?… poderás vivir.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 12.98 €
4% I.V.E. 13.50 €
Club 12.82 €

Engadir ao carro