Flor negra
Genaro da Silva

Editorial Chan da Pólvora Editora, 2018
DescripciónRústica con sobrecuberta, 78 páxs., 13 x 21
ISBN / ref 978-84-947698-8-7
Sinopse
Flor Negra podería ser Beatrice, Helena ou Laura, que se revolven cun espello na man cara o poeta que a través delas se exhibiu en público con alma inconmensurable e desbordante capacidade de amar. No espello, o poeta vese espido, desprovisto de todo artificio, e da súa mirada estrañada xorde este libro desbordante sobre a identidade propia e a identidade ante o outro.
A flor negra é, para Genaro Da Silva, un pretexto para construír un drama romántico que acaba en combustión cando o poeta se decata as tremoias que el mesmo tendeu. Descubre que está nun teatro pero non interrompe a representación e continúa a actuar mentres todo arde detrás do escenario.
Da Silva fala do desexo e dos medos antes do desexo. Fala das dificultades de abrirse ao outro, de abrazar o animal e de quitar as máscaras –seguindo a Bataille– para buscar vida até na morte.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.35 €
4% I.V.E. 17.00 €
Club 16.15 €

Engadir ao carro