Versogramas
Belén Montero, Juan Lesta

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2018
DescripciónCapa dura, 50 páxs.; 14 x 25,5 + DVD
ISBN / ref 978-84-9151-171-7
Sinopse
“Versogramas”: o primeiro documental sobre videopoesía.

‘Versogramas’ é un documental creativo arredor do panorama internacional da videopoesía que publica a Editorial Galaxia dentro da súa colección LIBRO-CINEMA.

Producido por Esferobite, coa coprodución da Televisión de Galicia, trátase do primeiro documental de longa duración en explorar o fenómeno da videopoesía, un xénero artístico de crecente popularidade, e nel participaron vídeopoetas como Yolanda Castaño, Antón Reixa, Iria Pinheiro ou Dionisio Cañas.

Dirixido por Belén Montero, con codirección de Juan Lesta, ‘Versogramas’ estreouse na primavera de 2018 e comezará o seu percorrido por festivais nacionais e internacionais.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 19.23 €
4% I.V.E. 20.00 €
Club 19.00 €

Engadir ao carro