10.0
Berrogüetto

Editorial Boa, 2006
DescripciónCD
ISBN / ref 804071000392
Sinopse

Berrogüetto é o nome da subversión en contra do acomodaticio e do rutineiro. É a procura dun alén no decorrer das horas de traballo honesto e sincero, na beleza agochada no trasluz da constancia. Berrogüetto é o nome da minuciosidade puntillísta, do fino encaixe de harmonía e tempo, da áxil melodía que non se contenta coa súa galanura e alza os ollos para enxergar horizontes máis azuis e máis amplos.

Hai agora dez anos que estes artistas viñeron a convulsionar o mundo folk cun discurso diferente e engaiolante. A xenialidade destes músicos galegos foi quen de crear un estilo propio e inconfundible, unha escola con seguidores e imitadores, algo ó que moi poucas formacións teñen o privilexio de acceder.
Niso se distinguen os grandes creadores: só eles permanecen no imaxinario colectivo dun país, revelándose continuamente tras de usos e patróns estilísticos das novas xeracións de músicos. Por se isto fora pouco, Berrogüetto vive nun perpetuum mobile, sempre cuestionándose a si mesmos, sempre inquedos no seu papel de grupo emblemático da música galega, agasallando ós seus seguidores (entre os que me atopo) con xoias musicais tan valiosas como pouco frecuentes. Con tan só tres traballos discográficos, Berrogüetto abriu novos camiños para a música folk galega. No seu décimo ano e no seu cuarto álbum, as felicitacións e os parabéns de todos os que os apreciamos. Grazas, Berrogüetto.

RODRIGO ROMANÍ

 

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 15.95 €
21% I.V.E. 19.30 €
Club 18.33 €

Engadir ao carro