Os monos de Laxeiro
Obra humorística na prensa
Laxeiro

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 142 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-408-9
Sinopse
A Fundación Laxeiro reúne por primeira vez nunha exposición todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto nos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930. A mostra está composta de corenta e nove reproducións fotográficas, realizadas case ao tamaño orixinal das viñetas e respectando a cor de fondo do papel de periódico. Cada viñeta vai enmarcada de forma individual e tanto os textos dos diálogos como a referencia do medio e día de publicación van impresas dentro de cada cadro, respectando as formas idiomáticas do orixinal e, por tanto, sen adaptar ao galego normativo de hoxe. O comisario é o profesor Manuel Igrexas, quen xa fixera investigacións sobre o humor gráfico de Laxeiro. Debido a que os debuxos orixinais están perdidos, optouse por facer reproducións fotográficas, tomadas directamente das páxinas dos periódicos, grazas á colaboración de Faro de Vigo e do Arquivo Municipal de Vigo, que posibilitaron o acceso á documentación orixinal. Unha vez realizadas as fotografías, contouse coa colaboración de Lab_in arte múltiple na busca da forma de impresión e do papel máis axeitados. O resultado é unha colección de corenta e nove cadros, todos do mesmo tamaño, a través dos que o público se pode achegar a esas viñetas, imaxinando o seu aspecto orixinal cando foron publicadas na prensa hai xa noventa anos e percorrendo a evolución, tanto formal, como nos contidos do entón artista debutante José Otero Abeledo, Laxeiro. Co gallo da exposición, a editorial Laiovento, publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas acompañadas ademais con textos asinados por Manuel Igrexas, Félix Caballero e Javier Pérez Buján.
https://www.cultura.gal/gl/evento/45718/2/50531
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.83 €
4% I.V.E. 17.50 €
Club 16.63 €

Engadir ao carro