Vida e obra dun curandeiro
Antonio Balboa Toba

Editorial Edicións Fervenza, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 76 páxs., 15 x 21
ISBN / ref 978-84-17094-37-9
Sinopse
Trátase este dunha homenaxe ao grande fabulador mindoniense Álvaro Cunqueiro e á súa Escola de menciñeiros, unha das obras máis coñecidas e celebradas da literatura galega tanto pola capacidade narrativa do autor como pola fonda simpatía que inspiran unhas figuras estrafalarias que tan ben conectan co imaxinario popular. A "Vida e obra dun curandeiro", que Balboa ofrece agora ao público lector, está escrita en prosa e céntrase nun mozo, tamén mindoniense, que se quere dedicar ao oficio tradicional de curandeiro e que para se preparar para o desempeño da profesión vai contar coa axuda do propio Álvaro Cunqueiro e do seu círculo de amizades, que lle irán abrindo as portas ao coñecemento de obras de lectura fundamentais para a súa formación na materia.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 12.50 €
4% I.V.E. 13.00 €
Club 12.35 €

Engadir ao carro