|
Agustín Fernández Paz
 | | Editorial | Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2007 | | | Descripción | Rústica, 134 páxs.; 13 x 21 | | | ISBN / ref | 978-84-9782-543-6 | | Sinopse
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estructurada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995. | |
| Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
Infantil e Xuvenil
Conta andel
Carriño
| Importe | 10.29 € | | 4% I.V.E. | 10.70 € | | Club | 10.17 € |
|