Fábulas
Esopo

Editorial Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 1997
DescripciónRústica con lapelas, 100 páxs.; 14 x 21
ISBN / ref 84-87847-95-1
Sinopse
Da vida de Esopo non se sabe case nada, pero poucas obras haberá na historia da cultura occidental que teñan influído tanto como as Fábulas do suposto escravo frixio. Mais a imaxinación creadora característica das Fábulas de Esopo quedou entoldada co didactismo das moralexas que lles chantaron en culturas posteriores, seguramente para disimular o seu "paganismo". Por iso as desta edición non levan nengunha. Teresa Barro apoiouse sobre todo en traducións ao inglés das versións gregas e latinas e acudiu directamente aos textos máis antigos que se coñecen para estudar o significado destas Fábulas. As versións que se apresentan neste libro son máis fieis aos primeiros textos, e, por conseguinte, máis auténticas desde o ponto de vista hsitórico, que moitas das que se popularizaron na Europa da Idade Media e dos tempos modernos, e o leitor poderá disfrutar, sen retóricas moralizantes nen didactismos simplistas, os diálogos entre homes, deuses e animais, e a retranca, agudeza e sagacidade dos leóns, raposos e lobos que protagonizan estas Fábulas.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 8.09 €
4% I.V.E. 8.41 €
Club 7.99 €

Engadir ao carro