Cando veña a noite
Premio Avilés de Taramancos 2005
David Pérez Iglesias

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2005
DescripciónRústica, 90 páxs., 15 x 21
ISBN / ref 84-96259-61-7
Sinopse
Entón Sabela soubo de onde lle viñan aquelas cortaduras que lle baixaban polo lombo, que antes diso nunca llo dixera. E soubo tamén todo canto ía pasar. Díxollo o vento fóra, canta neve como estaba no vento. O trazo perfecto da morte. A pel da lebre esgazada entre os dentes de dous lobos. Soubo o que ía pasar: que todo seguiría uns pasos premeditados había tempo polo amo, neses meses nos que, falto de guerra, mataba canto becho había na contorna. Días enteiros de caza que o traían mallado á casa, noites de bebedeira silenciosa fronte ao lume, escanastrado no escano de lareira, os ollos roxos de non durmir, coas mans trementes sostendo unha pistola de arzón diante súa, dubidando, pensando, face ao lume, só iso: a hora de lixar cos seus miolos a pedra do lar.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 7.69 €
4% I.V.E. 8.00 €
Club 7.60 €

Engadir ao carro