Diario de Ana Frank
Anne Frank
Tradución: Tomás Ruibal

Editorial Vigo. Faktoría K de libros, 2015
DescripciónRústica con lapelas, 342 páxs., 14 x 20,5
ISBN / ref 978-84-15250-94-4
Sinopse
O diario de Ana Frank, desde a súa primeira edición en 1947, foi traducido a preto de 60 linguas e se teñen impreso máis de 20 millóns de exemplares. Tamén contou con distintas versión cinematográficas e teatrais. Por primeira vez, as verbas de Anne Frank -no ano en que se celebra o 75º aniversario do seu nacemento- cobran vida en galego, nunha edición da máxima calidade. Como valor engadido, esta edición cinco páxinas inéditas do diario, que viron ao lume por primeira vez no 2002. Esta é unha coidadísima edición en tapa dura e ilustrada por 17 fotografías de Andrés Pinal. O fotógrafo fai unha dobre, e mesmo unha tripla leitura reflexiva, unha ollada emocional, poética e literaria. Afastándose dos elementos histórico-documentais da obra, Andrés Pinal capta momentos, espacios, paisaxes, imaxes que deixan pegada no lector, que suxiren e evocan emocións presentes na autora e protagonista da historia que acaban sendo, a un tempo, tamén do lector: a anguria, a tristura, a esperanza, o desexo de ir cara adiante, de superar a adversidade, de enfrontarse ao descoñecido. Todos estes elementos fan unha obra redonda, única e necesaria nestes tempos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro