Caixa de mistos
Patricia A. Janeiro

Editorial Santiago de Compostela. Sotelo Blanco Edicións, 2005
DescripciónRústica, 148 páxs.; 12 x 22
ISBN / ref 84-7824-462-X
Sinopse
Non hai nada peor para un ladrón que comezar a cuestionarse a ética dos seus actos. É a noite do 23 de xuño, e Abel emborráchase na barra dun bar matinando na lene diferenza que separa o ben do mal. Moi preto del, unha rapaza soa conta os seus pasos nas laxes da cidade vella, un mozo escoita tangos pechado no seu cuarto e un escritor sen inspiración senta diante dun papel en branco. Os lobos andan á espreita, as cruces de pedra despréndense dos seus varais, e un tremor achégase por debaixo da terra, enmudecendo os animais ao seu paso. Se na noite de san Xoán te perseguen os lobos, non busques un cruceiro, busca un lugar onde agocharte.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 10.10 €
4% I.V.E. 10.50 €
Club 9.98 €

Engadir ao carro