|
Eric Carle
 | | Editorial | Pontevedra. Kalandraka Editora, 2005 | | | Descripción | capa dura; 48 páxs.; 30 x 22,5 | | | ISBN / ref | 84-8464-559-2 | | Sinopse Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. // Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar: PLOP!..., do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira. // Como tiña fame buscou algo para comer. // O luns rillou nunha mazá, pero aínda quedou con fame. // O martes rillou en dúas peras, pero aínda quedou con fame. // o mércores rillou en tres ameixas, pero aínda quedou con fame. // O xoves rillou en catro amorodos, pero aínda quedou con fame. // O venres rillou en cinco laranxas, pero aínda quedou con fame. // O sábado rillou nun anaco de tarta de chocolate, nun xeado de cucurucho, nun cogombro, nun cacho de queixo suízo, nunha rebanda de salchichón // nunha piruleta, nunha porción de pastel de cereixas, nunha salchicha, nunha madalena, e nunha tallada de sandía. Pola noite, pegoulle unha forte dor de barriga! // Ao día seguinte era outra vez domingo. A eiruga rillou nunha saborosa folla verde, e sentiuse moito mellor. // Xa non tiña fame, e tampouco era pequena. Agora era unha eiruga grande e gordecha. // Teceu un casulo ao seu redou e ficou dentro máis de dúas semanas. Despois furou o casulo, saíu polo burato e... // ...apareceu convertida nunha fermosa bolboreta. | |
| Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
|
Infantil e Xuvenil
Conta andel
Carriño
| Importe | 14.42 € | | 4% I.V.E. | 15.00 € | | Club | 14.25 € |
|