Nova enciclopedia de bioética
Gilbert Hottois, Hélène Parizeau
Tradución: Luís García Soto, Tareixa Roca Sánchez, África López Souto

Editorial Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela, 2005
DescripciónCapa dura; 1072 páxs.; 24 x 25,5
ISBN / ref 84-9750-502-6
Sinopse
Multidisciplinar e plurarista, quere ser unha ferramenta á vez pedagóxica e crítica ao servizo dunha cultura plural articulada arredor de dous grandes eixos que caracterizan a nosa civilización no camiño da globalización. Por unha banda, a investigación e o desenvolvemento tecnocientíficos, que necesitan a adquisición e a actualización periódica dunha cultura científica e técnica, chave dunha relación coas ciencias e as técnicas que sexa á vez informada e libre, vixiante e crítica. Por outra parte, o multiculturalismo, a diversidade de tradicións, historias, mentalidades, crenzas, visións do mundo, posicións filosóficas e éticas, que co-constitúen as nosas sociedades, a imaxe de Europa e, aínda máis, do planeta. Esta diversidade, cos seu potencial conflitivo, explica a maior parte dos problemas bioéticos. É pois, indispensábel adquirir e propagar unha especie de meta-cultura, a cultura do multiculturalismo, chave dunha comprensión respectuosa do outro, o estranxeiro moral, e do diálogo e a resolución non violenta das discrepancias. Ao redor destes dous eixos, garantes dunha integración diferenciada e pacífica do conxunto da humanidade, esta obra propón unha visión moi completa e matizada do campo da bioética, dos seus problemas, da súa linguaxe, os seus envites. Ofrece ao lector unhas entradas claramente estruturadas e redactadas nunha lingua accesíbel. Cada entrada consta de tres partes: definición, historial e exposición de problemas éticos. Cada unha inclúe, ademais, unha listaxe de entradas relacionadas e unha bibliografía específica. Diversos índices completa esta enciclopedia que alía rigór científico e unha presentación didáctica.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 65.38 €
4% I.V.E. 68.00 €
Club 64.60 €

Engadir ao carro