Sinopse
Recolla das principais e últimas (que non derradeiras) ofertas de difusión da cultura e as súas técnicas: dende a imprensa de Gutemberg, e as facetas que implicaba (composición, impresión, comercialización, edición e autoría), pasando polas evolucións e innovacións técnicas (estereotipia, linotipia, monotipia, rotativa, litografía, xilografía, fotogravado, heliogravado, offset, ocogravado, serigrafía e composición en frío ou a encadernación), ata o novo mundo tecnolóxico, con novos formatos (CD, DVD, audiolibro, videolibro, libro electrónico e outras novas propostas: papel electrónico e tinta electrónica) e recompilacións (bibliotecas ou librarías virtuais). | |